Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosE.I.M. Santa Marta-Casco Vello

E.I.M. Santa Marta-Casco Vello - centro público

Esta Escola forma parte da Rede Municipal de Escolas Infantís do Concello de Vigo.

Contamos con tres unidades para alumnas e alumnos de 3 meses a tres anos agrupados por idades e por quendas da seguinte maneira:

 

Aula 1 : 8 nen@s  Aula 2 : 13 nen@s Aula 3 : 15 nen@s

 

O horario das asctividades lectivas é de 7:30 a 20:00 horas de luns a venres dende setembro a xullo. Este horario divídese en dúas quendas, a de mañá de 7:30 a 15:45 e a de tarde de 16:00 a 20:00. A escola permanecerá pechada os festivos laborais e os días 24 e 31 de decembro así coma o Día do Ensino previsto no calendario oficial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Un venres o trimestre a escola pechará ás 19:00 para elaborar a programación do trimestre, os días serán aprobados no Consello Escolar.

 

Coincidindo co período de solicitude de praza convócanse xornadas de portas abertas en horario de mañá e tarde para que as familias interesadas poidan visitalas instalacións e o funcionamento da Escola.

 

O persoal está composto por: directora, 2 mestras de educación infantil, 6 técnicas especialistas en educación infantil, 2 cociñeiras, 1 limpadora.

 

A nosa Escola promove o desenvolvemento integral das nenas e nenos e a aprendizaxe das actividades cognitivas e creativas.

Entendemos que educar é unha tarefa conxunta entre Escola e familia polo que propomos actividades do día a día no aula nas que as familias poden participar  : contar un conto, tocar un instrumento, falarnos da súa profesión...A diario as familias reciben información verbal sobre a estancia da nena ou neno na escola. As horas de entrada e saída son un momento de comunicación coas educadoras que en caso necesario amplíanse ó servizo de tutorías.

Periódicamente infórmase ás familias da evolución das súas fillas e fillos, tódolos meses enviamos un informe mensual coas actividades que se van traballar ó longo do mes.

Trimestralmente o Equipo de Atención Temperá achega ás familias un tríptico con orientacións ás familias sobre o estado evolutivo dos cativos e propostas de actividades para facer na casa .A final de curso elabora un informe individualizado de cada alumna e alumno.

Cada mes traballamos unha unidade didáctica na que incluimos un obradoiro semanal.

O idioma empregado no aula baséase na lingua materna predominante entre o alumnado fomentando o uso do galego.

Como 3ª lingua na aula 3 introducímolo inglés para que vaian aprendendo vocabulario básico.

As festas que celebrámolo longo do curso son: Samaín, Magosto, Nadal, A Paz, Entroido, Dia do pai e a familia, Día da nai e a familia, As Letras Galegas, Festa Fin de Curso, Día do medio ambiente e os aniversarios das nenas e nenos o último venres de cada mes.

O grupo da aula de 3 anos fan tres saídas de media xornada e unha saída de Fin de curso  de xornada completa. Soemos ir a: Vigozoo, Saída pola rúa da nosa Escola para visitalas tendas e ir ó parque, Fundación Barrié de la Maza, a Biblioteca, a praia...

Equipamento e instalacións

3 aulas-Comedor / Aula de usos múltiples-Cociña propia-Patio e zona de xogos Gabinete psicopedagóxico · Biblioteca-Xardín escolar-ANPA

Amosar
Actividades
Extraescolares

 SERVIZOS DA ESCOLA

 

1.Equipo de Atención Temperá:

 

2.Escola de Nais e Pais: unha vez ó trimestre o equipo de atención temperá prepara un obradoiro para familias, os temas que se soen tratar son: intelixencia emocional, autonomía, conducta, linguaxe...Calquer outro tema solicitado polas familias.

 

3.Servizo Nutricional: O Servizo Nutricional de Galicia (SERNUGA) é o encargado de elaboralos menús da Escola e levar un control periódico do peso, talla e perímetro craneal co fin de detectar algunha anomalía. Todas as comidas son elaboradas na propia escola.

 

Da A.N.P.A.

 ANPA “O TRANVÍA”

 

A Asociación de Nais e Pais da Escola colabora de forma directa nas festas e nas actividades organizadas polo centro escola.

 

 

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Novas do centro
  • 02/03/2017
    XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
    MÉRCORES 8 MARZO ÁS 18:30 MÉRCORES 15 MARZO ÁS 10,00 E 18,30 MÉRCORES 22 MARZO ÁS 10,00
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 442 153
  • Fax: 986 442 154
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Santa Marta, 38-Interior. 36202 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:30 a 16:30 horas (Previa cita)
  • Titorías: 10:00 a 11:00 e de 18:00 a 19:00
  • Clases: QUENDA DE MAÑÁ: 7:30 a 15:30-15:45 QUENDA TARDE: 16:00 A 20:00
Redes sociais e web
Abrir o facebook do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Fax: 986 22 17 26 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org